Rehabilitación para as fachadas de tres inmobles do Berbés

30 septiembre 2016

VIGOÉ
Serán os situados na Praza do Berbés, 5, 7 e 41

O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo, ven de celebrar esta semana a súa última reunión do Consello de Administración, onde se aprobou o Programa de Actuacións, Investimentos e Financiamento (PAIF) para o ano 2017.

A reunión, de carácter mensual e relativa ao mes de agosto, foi presidida polo xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, José Luís Díez, e nela se deu conta do documento no que se propoñen as actuacións e investimentos para o vindeiro exercicio.

Entre elas, se propoñen as seguintes accións a realizar: continuar co programa de eliminación de pintadas ademais de continuar co proceso de rehabilitación de inmobles na parte alta do Casco Vello e tamén na zona do Berbés. Concretamente, forma parte da planificación a recuperación dos inmobles en Ferrería, 8, 10 e 45; Subida ao Castelo, 12; Subida á Costa, 5: Cruz Verde 8 e o inicio de rehabilitación dos edificios situados na Praza do Berbés, 5, 7 e 41. A inversión estimada para estas actuacións chega case aos 2,3 millóns de euros.

Pola súa banda, Abel Caballero considera que a actuación urbanística na contorna do Berbés ten que constituírse nunha “grande prioridade” polo que o Concello instou ao Consorcio do Casco Vello a iniciar a rehabilitación de fachadas.

Segundo sinalou o alcalde, no presuposto aprobado da entidade para 2017 “aumentamos a achega municipal” e “urximos” ao Consorcio a que actúe no Berbés, que é “un grande obxectivo”, de maneira que “nos propoñemos reforzar” a acción de rehabilitación nos edificios do Berbés.

Categoría: Noticias Prensa

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer a nuestros visitantes una forma más cómoda y eficiente a la hora de navegar por nuestra web. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información sobre nuestra web. Más información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close