{"id":3065,"date":"2019-01-23T10:49:26","date_gmt":"2019-01-23T09:49:26","guid":{"rendered":"https:\/\/aproin.com\/?p=3065"},"modified":"2019-01-23T10:49:26","modified_gmt":"2019-01-23T09:49:26","slug":"a-asociacion-de-construtores-de-pontevedra-demanda-persoal-especializado","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/a-asociacion-de-construtores-de-pontevedra-demanda-persoal-especializado\/","title":{"rendered":"A Asociaci\u00f3n de Construtores de Pontevedra demanda persoal especializado"},"content":{"rendered":"<p>Anxo Lourido \/ Pontevedraviva.com<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A Asociaci\u00f3n de Construtores de Pontevedra nac\u00eda hai ano e medio para reunir a 30 empresas do sector na provincia, despois da desaparici\u00f3n de APEC. Este martes, a xunta directiva deste colectivo manti\u00f1a un encontro no Concello de Pontevedra co alcalde Miguel Anxo Fern\u00e1ndez Lores e coa concelleira de Urbanismo, Anabel Gul\u00edas para buscar f\u00f3rmulas de cooperaci\u00f3n de cara ao futuro.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Javier Carballeda, xerente deste colectivo, sinalaba que un dos seus obxectivos \u00e9 crear un m\u00f3dulo de construci\u00f3n para que se poida formar a persoal especializado, unha das principais necesidades deste sector. Apunta \u00e1 demanda que existe tanto de profesionais especializados como de persoal encargado de obra, de fontaner\u00eda, de encofrado ou electricistas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Actualmente, segundo a Fundaci\u00f3n Laboral, o sector da construci\u00f3n emprega un 10% dos traballadores activos e aporta un 8% do Produto Interior Bruto. Am\u00f3sanse optimistas de cara ao futuro despois da crise iniciada hai m\u00e1is dunha d\u00e9cada.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As causas desta falta de profesionais especializados d\u00e9bese a que un importante n\u00famero de persoas que se dedicaban \u00e1 construci\u00f3n cambiaron de profesi\u00f3n tras a crise financiera e buscaron outros sectores que repuntaron antes como o de servizos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Segundo afirmaba a concelleira Anabel Gul\u00edas, o Concello conta con 493 licenzas solicitadas para a construci\u00f3n de vivendas. Unha cifra positiva despois de tanto tempo coa construci\u00f3n paralizada, apuntaba Carballeda, que confirmou o incremento tanto de obra privada como p\u00fablica durante os \u00faltimos anos. Por este motivo, Anabel Gul\u00edas confirmou que apoiar\u00e1n a estes sectores en crecemento e xeradores de emprego e, nese sentido, amosou interese por apoiar cursos de formaci\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Anxo Lourido \/ Pontevedraviva.com A Asociaci\u00f3n de Construtores de Pontevedra nac\u00eda hai ano e medio para reunir a 30 empresas do sector&#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3066,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[2],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3065"}],"collection":[{"href":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3065"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3065\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3067,"href":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3065\/revisions\/3067"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3066"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3065"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3065"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3065"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}