{"id":4153,"date":"2022-05-31T09:58:46","date_gmt":"2022-05-31T07:58:46","guid":{"rendered":"https:\/\/aproin.com\/?p=4153"},"modified":"2022-05-31T10:00:00","modified_gmt":"2022-05-31T08:00:00","slug":"premio-iberico-de-arquitectura-technal-para-a-biblioteca-de-nigran-do-estudo-vigues-gandara-pons","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/premio-iberico-de-arquitectura-technal-para-a-biblioteca-de-nigran-do-estudo-vigues-gandara-pons\/","title":{"rendered":"Premio ib\u00e9rico de arquitectura \u2018Technal\u2019 para a Biblioteca de Nigr\u00e1n do estudo vigu\u00e9s G\u00e1ndara Pons"},"content":{"rendered":"\n
O xurado do certame presidido por Carme Pin\u00f3s, galardoada este xoves como Premio Nacional de Arquitectura 2021, destaca o xogo coa volumetr\u00eda da fachada e a s\u00faa agradable atm\u00f3sfera interior, considerando o edificio ‘una r\u00f3tula dentro del contexto urbano’

Redacci\u00f3n Vigo\u00e9<\/p>\n\n\n\n
Fotograf\u00eda de Hector Santos-D\u00edez
<\/p>\n\n\n\n
O edificio da nova Biblioteca Municipal de Nigr\u00e1n<\/strong> resultou ga\u00f1ador onte do premio de arquitectura \u2018Technal\u2019<\/strong> de Espa\u00f1a e Portugal na gala bianual celebrada nesta edici\u00f3n en Ibiza. A obra do estudo vigu\u00e9s \u2018G\u00e1ndara#Pons Arquitectos\u2019 foi a elixida entre propostas de toda a pen\u00ednsula nun certame cuxo xurado estivo presidido por Carme Pin\u00f3s, Premio Nacional de Arquitectura 2021 (m\u00e1xima distinci\u00f3n en Espa\u00f1a e que precisamente lle foi entregada este xoves en Palma de Mallorca).<\/p>\n\n\n\n
Como en cada edici\u00f3n, o palmar\u00e9s divid\u00eduse en catro categor\u00edas: \u2018Habitar\u2019, \u2018Descubrir\u2019, \u2018Rehabilitar\u2019 e \u2018Trabajar\u2019, ga\u00f1ando a Biblioteca esta \u00faltima na que a ampliaci\u00f3n do Hospital da Luz de Lisboa e a Unidade Industrial Santo Tirso (tam\u00e9n en Portugal) obtiveron unha Menci\u00f3n Especial. Con este prestixioso reco\u00f1ecemento, a nova Biblioteca de Nigr\u00e1n sit\u00faase ao nivel de anteriores ga\u00f1adores como o Museo de Arte Contempor\u00e1neo Alicante, obra do c\u00e9lebre arquitecto Guillermo V\u00e1zquez Consuegra, ou do Palacio de Exposiciones y Congresos de Sevilla, de Juan Carlos Sancho e Sol Madridejos.<\/p>\n\n\n\n
O xurado <\/strong>no seu fallo (que foi revelado na propia gala) destacou do edificio que \u00abact\u00faa como una r\u00f3tula dentro del contexto urbano. Es de inter\u00e9s la volumetr\u00eda de la fachada, fragmentada con una interesante composici\u00f3n de huecos con los diferentes planos, resuelta con cuatro materiales: la piedra, el vidrio, el revoco y las lamas de madera. A nivel interior, se genera una agradable atm\u00f3sfera, bien resuelta, en los espacios de lectura y vest\u00edbulos de acceso\u00bb. Como complemento a estas explicaci\u00f3ns, proxectouse un v\u00eddeo-documental sobre o edificio ante os centos de profesionais do sector asistentes ao evento, entre eles os art\u00edfices do proxecto da Biblioteca, Lucas G\u00e1ndara e Juan Pons<\/strong>. \u00abEl edificio engarza con la mejor tradici\u00f3n de la arquitectura gallega y portuguesa por la propia sencillez de los materiales, sobresaliendo la piedra\u00bb, se\u00f1al\u00f3 ante el p\u00fablico Jos\u00e9 Francisco Garc\u00eda S\u00e1nchez, miembro del Jurado y uno de los ganadores en pasadas ediciones.<\/p>\n\n\n\n
\u00abEstamos moi orgullosos porque non cabe d\u00fabida de que \u00e9 un edificio singular e senlleiro que sit\u00faa a Nigr\u00e1n no mapa da mellor arquitectura contempor\u00e1nea do pa\u00eds<\/strong>\u00bb, sinala o alcalde, Juan Gonz\u00e1lez, quen louba o magn\u00edfico traballo do estudo \u2018G\u00e1ndara#Pons\u2019 e o seu esforzo porque o proxecto sa\u00edse adiante sorteando innumerables trabas. \u00abAgardamos que xa en poucas semanas o edificio poida abrir como Biblioteca unha vez que se ten licitada a dotaci\u00f3n do mobiliario e equipamento precisos\u00bb, engade Gonz\u00e1lez. \u00abLamentamos a espera pero sabemos que pagar\u00e1 a pena porque a cambio temos un edificio ic\u00f3nico en Nigr\u00e1n que ofrecer\u00e1 un confort aos usuarios dif\u00edcilmente superable\u00bb.<\/p>\n\n\n\n
\u00abUn dos maiores retos foi axeitar o edificio ao propio tecido urbano existente\u00bb, admiten desde o estudo G\u00e1ndara#Pons, onde consideraron imprescindible adaptalo \u00e1 escala dos edificios da contorna e abrilo visualmente \u00e1 praza interior sobre a que, precisamente, o mesmo estudo ven de entregar ao Concello un proxecto de rexeneraci\u00f3n. Destacan a concepci\u00f3n da cuberta, \u00abconcibida como unha quinta fachada a modo de terraza interior\u00bb. Os mesmos arquitectos ser\u00e1n os responsables de rexenerar a Praza Rosal\u00eda de Castro da Biblioteca.<\/p>\n\n\n\n
Edificio bioclim\u00e1tico<\/strong>
O edificio ocupa unha parcela municipal de 443 metros cadrados e de forma trapezoidal no centro do municipio (a beira da Estrada pola V\u00eda, \u00e1 altura do n\u00famero 118, frente a r\u00faa do Panasco) nun lugar f\u00e1cilmente accesible para a veci\u00f1anza tanto en transporte p\u00fablico como privado. O feito de que se trate dunha parcela con forte desnivel permite que te\u00f1a d\u00faas entradas, con accesos tanto dende a planta baixa como desde a primeira, o que favorece unha utilizaci\u00f3n polivalente das instalaci\u00f3ns. Desde o punto de vista urban\u00edstico, a construcci\u00f3n xenera unha praza cuberta que se abre \u00e1 praza existente e que sup\u00f3n unha zona previa a entrada por planta baixa.<\/p>\n\n\n\n
Conta con catro alturas, planta irregular, e superficie total constru\u00edda de 1.260 m2 clasificado coa letra A no seu Certificado de Eficiencia Enerx\u00e9tica (m\u00e1xima categor\u00eda). Tr\u00e1tase, por tanto, dun edificio bioclim\u00e1tico que disp\u00f3n das \u00faltimas tecnolox\u00edas en instalaci\u00f3ns para acadar esta sostibilidade ambiental.<\/p>\n\n\n\n
Na planta baixa (191 m2) disponse dunha sala de usos m\u00faltiples vinculada \u00e1 praza cuberta adxacente, almac\u00e9n e aseos; na pranta primeira (269 m2) hemeroteca, sala de ordenadores, recepci\u00f3n e zona de pr\u00e9stamo infantil e xuvenil; na segunda (272 m2) zona de pr\u00e9stamo para adultos e na terceira (235m2), zona de estudio que se comunica a dobre altura coa zona de pr\u00e9stamos do nivel inferior.<\/p>\n\n\n\n
G\u00e1ndara#Pons Arquitectos<\/strong>
Lucas G\u00e1ndara \u00c1lvarez (Vigo, 1981). Arquitecto Superior titulado coa especialidad de Teor\u00eda e Dese\u00f1o pola Escuela T\u00e9cnica Superior de Arquitectura de la Universidad de A Coru\u00f1a. Juan B. Pons Herrera (Granada, 1979). Arquitecto Superior titulado pola Escuela T\u00e9cnica Superior de Arquitectura de Sevilla. Fundan o estudio G\u00e1ndara#Pons Arquitectos no 2010 con sede en Vigo. Entre outros, son ga\u00f1adores de a urbanizaci\u00f3n da r\u00faa Maestro Clav\u00e9 en A Coru\u00f1a, edificio CITIUS da Universidade de Santiago, CEIP Santa Mar\u00eda de las Nieves (La Zarza, Badajoz). Actualmente est\u00e1n a desenvolver a Praza de Ponteareas en Redondela.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"
O xurado do certame presidido por Carme Pin\u00f3s, galardoada este xoves como Premio Nacional de Arquitectura 2021, destaca o xogo coa volumetr\u00eda…<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":4154,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[1],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4153"}],"collection":[{"href":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4153"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4153\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4156,"href":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4153\/revisions\/4156"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4154"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4153"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4153"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4153"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}