{"id":4915,"date":"2024-07-22T09:17:43","date_gmt":"2024-07-22T07:17:43","guid":{"rendered":"https:\/\/aproin.com\/?p=4915"},"modified":"2024-07-22T09:17:44","modified_gmt":"2024-07-22T07:17:44","slug":"a-xunta-xa-ten-en-marcha-o-30-das-novas-vivendas-protexidas-comprometidas-para-esta-lexislatura","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/a-xunta-xa-ten-en-marcha-o-30-das-novas-vivendas-protexidas-comprometidas-para-esta-lexislatura\/","title":{"rendered":"A Xunta xa ten en marcha o 30% das novas vivendas protexidas comprometidas para esta lexislatura"},"content":{"rendered":"\n<p>Xunta de Galicia<\/p>\n\n\n\n<p>A Xunta xa ten en marcha o 30% das novas vivendas protexidas comprometidas para esta lexislatura<\/p>\n\n\n\n<p>A Xunta xa ten en marcha o 30% das novas vivendas protexidas comprometidas para esta lexislatura<br>A Xunta xa ten en marcha, en diferentes fases, o 30% das novas vivendas protexidas comprometidas para esta lexislatura, segundo avanzou hoxe a conselleira de Vivenda e Planificaci\u00f3n de Infraestruturas, Mar\u00eda Mart\u00ednez Allegue, no acto da presentaci\u00f3n da estratexia Vivenda: retos de futuro, celebrado na Cidade da Cultura ante preto dun cento de asistentes, entre os que figuraron representantes da Administraci\u00f3n auton\u00f3mica e local, e profesionais do sector. Na xornada, ademais da conselleira, intervi\u00f1eron o secretario xeral t\u00e9cnico da Conseller\u00eda, Yago Borrajo, o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto Garc\u00eda Porto, e a secretaria xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Mari\u00e1n Dom\u00ednguez.<\/p>\n\n\n\n<p>Allegue defendeu ante o sector que o acceso \u00e1 vivenda \u00e9 un traballo onde \u201ctodos sodes necesarios\u201d e lembrou que este reto precisa \u201cun compromiso no longo prazo, a trav\u00e9s dunha planificaci\u00f3n rigorosa\u201d. Neste senso, avanzou que xa est\u00e1n en diferentes fases m\u00e1is de 1.200 vivendas protexidas das preto de 3.500 comprometidas para constru\u00edr ou rehabilitar polo Goberno galego ao longo desta lexislatura, cun investimento de 580M\u20ac, ata acadar o n\u00famero de 8.000. Ademais, est\u00e1 xa cumprido o reto de sumar 375 novas vivendas de promoci\u00f3n p\u00fablicas nos primeiros 100 d\u00edas de Goberno, cuxas obras est\u00e1n xa adxudicadas ou a piques de adxudicarse na Coru\u00f1a, Vigo, Santiago e Pontevedra.<\/p>\n\n\n\n<p>Ademais, outras 222 vivendas est\u00e1n en proceso de licitaci\u00f3n ou a punto de iniciarse esa tramitaci\u00f3n e est\u00e1n redactados 362 proxectos de obra de futuras vivendas de promoci\u00f3n p\u00fablica. As\u00ed mesmo, est\u00e1 en proceso a adquisici\u00f3n de 168 novas vivendas para alugueiro \u00e1 Sareb e a entidades financieiras, foron licitados 79 proxectos de vivendas de promoci\u00f3n p\u00fablica en \u00c1reas Rexurbe e est\u00e1n en execuci\u00f3n 12 vivendas de promoci\u00f3n p\u00fablica a trav\u00e9s do programa Rexurbe.<\/p>\n\n\n\n<p>Ademais, a estratexia aprobada pola Xunta prev\u00e9 incrementar o solo residencial para facilitar a construci\u00f3n de 25.000 novas vivendas, 20.000 protexidas e 5.000 libres. A primeira fase desta estratexia, que xa se est\u00e1 a desenvolver conta cun orzamento de 43M\u20ac que permitir\u00e1 \u201cunha planificaci\u00f3n flexible e unha promoci\u00f3n \u00e1xil\u201d a trav\u00e9s dos Proxectos de Interese Auton\u00f3mico (PIA) promovidos pola Xunta a trav\u00e9s dos acordos cos concellos, \u201caos que agradezo sinceramente a s\u00faa implicaci\u00f3n\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>\u201cO noso deber \u00e9 dar respostas -subli\u00f1ou Allegue- e fac\u00e9molo con rigor, abordando o reto desde todas as perspectivas\u201d. Lembrou as\u00ed mesmo que neste 2024 xa est\u00e1n comunicadas un milleiro de axudas para adquisici\u00f3n, alugueiro ou rehabilitaci\u00f3ns de vivendas.<\/p>\n\n\n\n<p>De feito, sinalou que este mesmo xoves convoc\u00e1ronse desde o IGVS as achegas para actuaci\u00f3ns de eficiencia enerx\u00e9tica, para rehabilitaci\u00f3ns e para a elaboraci\u00f3n do libro de edificio e a redacci\u00f3n de proxectos de rehabilitaci\u00f3n, cun investimento total de 34,1M\u20ac.<\/p>\n\n\n\n<p>A conselleira tendeu a man ao sector para \u201cafondar no fomento da cooperaci\u00f3n p\u00fablico-privada e no traballo conxunto por parte de todas as administraci\u00f3ns\u201d. \u201cPola nosa parte -engadiu- estamos a traballar para simplificar as normativas que atinxen ao solo residencial e darlle seguridade xur\u00eddica tanto aos promotores que est\u00e1n en condici\u00f3ns de constru\u00edr nova vivenda coma aos propietarios de vivendas particulares\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Pola s\u00faa banda, o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto Garc\u00eda Porto, deu conta dos investimentos para facilitar o acceso \u00e1 vivenda, especialmente aos mozos, as\u00ed como das principais li\u00f1as da Estratexia de Solo Residencial posta en marcha pola Xunta.<\/p>\n\n\n\n<p>Ao respecto do acceso \u00e1 vivenda, avanzou que hai xa 916 vivendas nalgunha fase de execuci\u00f3n cun investimento de 156M\u20ac, situadas nas grandes cidades galegas e est\u00e1n programadas m\u00e1is de 1.300 vivendas para unha segunda fase. No caso das rehabilitaci\u00f3ns, destacou que no per\u00edodo entre 2021 e 2024 destin\u00e1ronse 265M\u20ac en actuaci\u00f3ns e axudas neste eido.<\/p>\n\n\n\n<p>Garc\u00eda Porto rematou destacando que a Xunta xa traballa para elaborar o seguinte Pacto de Vivenda no horizonte do 2030.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Xunta de Galicia A Xunta xa ten en marcha o 30% das novas vivendas protexidas comprometidas para esta lexislatura A Xunta xa&#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":3386,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[1],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4915"}],"collection":[{"href":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4915"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4915\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4916,"href":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4915\/revisions\/4916"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3386"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4915"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4915"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/aproin.com\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4915"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}