A Asociación de Construtores de Pontevedra demanda persoal especializado

23 enero 2019

Anxo Lourido / Pontevedraviva.com

A Asociación de Construtores de Pontevedra nacía hai ano e medio para reunir a 30 empresas do sector na provincia, despois da desaparición de APEC. Este martes, a xunta directiva deste colectivo mantiña un encontro no Concello de Pontevedra co alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e coa concelleira de Urbanismo, Anabel Gulías para buscar fórmulas de cooperación de cara ao futuro.

Javier Carballeda, xerente deste colectivo, sinalaba que un dos seus obxectivos é crear un módulo de construción para que se poida formar a persoal especializado, unha das principais necesidades deste sector. Apunta á demanda que existe tanto de profesionais especializados como de persoal encargado de obra, de fontanería, de encofrado ou electricistas.

Actualmente, segundo a Fundación Laboral, o sector da construción emprega un 10% dos traballadores activos e aporta un 8% do Produto Interior Bruto. Amósanse optimistas de cara ao futuro despois da crise iniciada hai máis dunha década.

As causas desta falta de profesionais especializados débese a que un importante número de persoas que se dedicaban á construción cambiaron de profesión tras a crise financiera e buscaron outros sectores que repuntaron antes como o de servizos.

Segundo afirmaba a concelleira Anabel Gulías, o Concello conta con 493 licenzas solicitadas para a construción de vivendas. Unha cifra positiva despois de tanto tempo coa construción paralizada, apuntaba Carballeda, que confirmou o incremento tanto de obra privada como pública durante os últimos anos. Por este motivo, Anabel Gulías confirmou que apoiarán a estes sectores en crecemento e xeradores de emprego e, nese sentido, amosou interese por apoiar cursos de formación.

Categoría: Noticias Prensa

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer a nuestros visitantes una forma más cómoda y eficiente a la hora de navegar por nuestra web. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información sobre nuestra web. Más información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close